icono

Curso básico de cortas e podas en altura

As técnicas de trepa con cordas permiten cortar e podar árbores en espacios reducidos e no interior da copa, ónde as grúas non chegan ben por sitio ou por altura. A caída das polas pódese frear ou dirixir.

O curso é unha iniciación práctica á poda en altura asegurada con cordas e acolladores, para podar árbores ornamentais ou froiteiras, apoiándose na escaleira. Adáptase á tódalas idades e dura seis horas.

  1. 50 € para un alumno
  2. 75 € para dous alumnos
Fotos de trepa, arboricultura Fotos de trepa, arboricultura Fotos de trepa, arboricultura Fotos de trepa, arboricultura Fotos de trepa, arboricultura Fotos de trepa, arboricultura

Podas

As podas no ámbito forestal poden mellorar a fructificación, a estructura da árbore e aumentar a madeira libre de nós. Nas árbores ornamentais, reduce o risco de derribo polo vento, mellora a visibilidade, a saúde da planta, a vida útil ou incrementa a altura de paso.

As principais podas son:

  1. Limpeza
  2. Producción
  3. Formación
  4. Rareo
  5. Restauración
  6. Elevación o reducción

Nas podas de limpeza elimínanse polas mortas que supoñen un risco importante. A poda de formación pretende evitar troncos codominantes, cortiza incluída, copas máis estables e definir a posición da rama máis baixa para facilita-lo paso. O rareo das polas, sempre moderado e uniforme, incrementa a luz e a aireación no interior da copa; reduce o efecto vela (risco de derriba). Non se aceptará o esmouco en ningún caso.

Aplicación de biocidas, fitosanitarios e protectores para madeira Biocida muy tóxico

Para a aplicación de protectores da madeira (TP8) e insecticidas no sector forestal (TP18) para terceiros, productos profesionais, tóxicos ou moi tóxicos; o Real Decreto 830/2010, ... de capacitación para realizar tratamentos con biocidas require dun responsable técnico e dun aplicador que diagnostiquen, planifiquen e certifiquen.

Peligroso para medio ambiente

Analogamente, é imprescindible o nivel básico e cualificado para a aplicación de fitosanitarios definidos no Real Decreto 1311/2012, ... de productos fitosanitarios.


Rareos

Os rareos reducen a densidade nos estados de repoboado e monte bravo, eliminan pes en latizais e fustais; anticipando á competencia natural. Elimínanse árbores con formas inadecuadas ou extremadamente dominantes, buscando unha relación entre altura e diámetro axeitada, ata densidades finais relativamente baixas, para obter maiores diámetros e volumes. Os rareos no serán excesivos para evita-las derribas, favorecer a poda natural e reduci-lo mato heliofilo.

leña de clareos, arboricultura

Rozas

A competencia da herba coas árbores pode ser importante nas primeiras fases. Ao contrario, o manexo adecuado das matogueiras pode protexelas (vento, desecación, animais). O tipo de roza (química, mecanizada, manual ou queima) depende da extensión, selectividade, flora, paisaxe, erosión e dos custos. A roza manual (e/ou combinada coa mecanizada) é mellor en pendente, e combina varios obxectivos. Nestas condicións, realizamos directamente o traballo con máquinas propias.

Husqvarna

A maquinaria terá dispositivos apagachispas e antichamas nos tubos de escape, en épocas de perigo alto de incendio; a pesada debendo contar cun equipo de extinción de incendios (Ley 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).

Compra de árbores en pé

Compra de pequeños lotes (máximo 100 m3) de castiro, nogueira, carballo, freixo, bidueiro, olmo, cerdeira, plataneiro, piñeiro, picea... Non se comprarán eucaliptos. As ofertas dependerán do mercado e da dificultade.

icono

Distancias mínimas de plantación, podas e árbores perigosos no solo urbano.

O código civil indica as distancias mínimas de plantación de árbores en zonas non forestais (solo urbano, núcleo rural e solos rústicos agrícolas), que poderán ser incrementadas polas normas municipais. Ademais, regula as árbores perigosas e as podas en fincas veciñas. distancia árboles zona urbana y rústica

Citarei o Real Decreto do 24 de xullo de 1989, código civil:

Artigo 390. Cando algunha árbore corpulenta puidese causar prexuízos a unha finca allea ou os transeúntes, o dono estará obrigado a cortala.
Artigo 591. Non se poderá plantar árbores preto dunha finca veciña a menor distancia da autorizada polas ordenanzas ou polo costume do lugar, e, no seo defecto, a de dous metros da liña divisoria con árbores altas, e de 50 centímetros con arbustos ou árbores baixas. Todo propietario pode pedir que se arranquen as árbores que non garden as distancias anteriores.
Artigo 592. Coas polas/raíces sobre/nas fincas veciñas, o dono terá dereito a reclamar que se corten.
Artigo 593. Coas árbores en sebes vivas ou medianeiras, ambos donos teñen dereito á esixir a derriba, agás as que sirvan de marcos que necesitarán dun acordo.

Distancias mínimas de repoboación en solo forestal

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, apunta algunhas distancias que afectan ás repoboacións en terreo forestal:

Artigo 68. Distancias dás repoboacións:

  1. As novas repoboacións forestais [...] gardarán as distancias (anexo 2) con outros terreos, construccións, instalacións e infraestructuras.
  2. As distancias mediranse dende o tronco do pé máis próximo á propiedade veciña ata o límite coa outra propiedade. No caso de tendidos eléctricos, as distancias mediranse ata a proxección do conductor máis externo, considerando a desviación máxima producida polo vento segundo a normativa sectorial.
  3. Para edificacións, vivendas illadas e urbanizacións situadas a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural, as distancias mediranse ata o paramento destas.
  4. Para cámpings, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural, as distancias mediranse ata o límite das instalacións.

Artículo 60.2 Cambio de actividade:

Naquelas superficies arboradas lindantes coas superficies nas que se produxese un cambio de actividade forestal á agrícola, no serán de aplicación as distancias establecidas no anexo 2 [...] ata o momento da reforestación da masa arborada tralo aproveitamento.

Anexo 2: distancias mínimas das novas repoboacións forestais
Descrición Distancia
a) Con parcelas forestais 2 metros
b) Con terreos situados en solo rústico de especial protección agropecuaria 10 metros
c) Con zonas dedicadas a labranza, cultivo, prados ou pastos non clasificados de especial protección agropecuaria 4 metros cando se empreguen as especies frondosas do anexo 1, e 10 metros coas outras especies
d) Desde o límite do dominio público das vías (autopistas, autovías, corredores, vías rápidas e estradas convencionais) ou ferrocarril 4 metros cando se empreguen as especies frondosas do anexo 1, e 10 metros no resto de especies
e) Con pistas forestais principais 2 metros cando se empreguen as especies frondosas do anexo 1; co resto de especies, 4 metros en xeneral, e 6 metros nos concellos declarados como zonas de alto risco
f) Desde a proxección do conductor máis externo, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo a normativa aplicable a cada caso, da infraestructura eléctrica 5 metros para tódalas especies
g) Con canles fluviais de máis de 2 metros de ancho 5 metros cando se empreguen as especies de frondosas do anexo 1, e 15 metros no resto de especies, a contar desde o dominio público. Non será de aplicación en actuacións de recuperación ambiental
h) Con edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais situadas a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural.
i) Con solo urbano, núcleo rural e urbanizable delimitado
15 metros cando se empreguen as especies de frondosas do anexo 1, e 30 metros no resto de especies
j) Con cámpings, gasolineiras e industrias ou instalacións preexistentes nas que se desenvolvan actividades perigosas consonte ó establecido na la Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, ou una súa normativa de desenvolvemento 25 metros para especies de frondosas do anexo 1, e 50 metros para o resto de especies
Anexo 1
Especie Nome común Especie Nome común
Pinus sylvestris Piñeiro silvestre Taxus baccata Teixo
Alnus glutinosa Ameneiro Acer pseudoplatanus Pradairo
Betula spp. Bidueiro Fraxinus excelsior Freixo
Fraxinus angustifolia Freixo Castanea sativa Castiñeiro
Castanea x hybrida Castiñeiro híbrido Prunus avium Cerdeira
Quercus robur Carballo Quercus pyrenaica Cerquiño
Quercus suber Sobreira Quercus petraea Carballo albar
Quercus ilex L. ssp. ballota Aciñeira Corylus avellana Abeleira
Fagus sylvatica Faia Ulmus glabra Umeiro
Ulmus minor Umeiro Laurus nobilis Loureiro
Sorbus aria Sorbeira Sorbus aucuparia Capudre
Juglans regia Nogueira Arbutus unedo Érbedo

Redes de faixas de xestión de biomasa

Segundo a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, as redes primarias e terciarias definiranse nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito pola Comunidade Autónoma; e as redes secundarias nos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais, polo concello. A xestión da biomasa farase anualmente antes do 30 de xuño. Para as cortas obrigatorias de árbores, será suficiente cunha comunicación (Lei 7/2012, de montes de Galicia, art. 92.11).

Redes primarias de faixas de xestión de biomasa (art. 20 bis)
Descrición Xestión
Autopistas, autovías, vías rápidas e estradas A Comunidade Autónoma de Galicia xestionará a biomasa na zona de dominio público (art. 6), na que non haberá especies arbóreas da disposición adicional terceira. Esta xestión publicarase 15 días antes no concello, podendo os propietarios dos terreos retira-las árbores e matogueiras
Infraestructuras ferroviarias
Liñas de transporte de enerxía eléctrica
Gas
Redes secundarias de faixas de xestión de biomasa (art. 21)
Descrición Xestión da biomasa*
Solo urbano, núcleo rural e urbanizable delimitado medido desde o límite; así como na zona de influencia forestal: edificacións, vivendas e urbanizacións illadas desde o paramento; vertedoiros, parques e instalacións industriais desde a instalación.
Arredor de edificións illadas no solo rústico a máis de 400 metros do monte.
Faixa perimetral de 50 m, non poderá haber especies da disposición adicional terceira
Os cámpings, gasolineiras e industrias perigosas (Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e normativa desenvolta); medido desde as instalacións, e no caso de cámpings desde o cierre perimetral Faixa perimetral de 50 m desde o límite das instalacións sen especies da disposición adicional terceira
Nas edificacións e instalacións construídas sen licenza municipal ou incumprindo o proxecto: indemnización polos danos e prexuízos que puideran ocasionar, así como o lucro cesante, a cargo das persoas propietarias dos terreos edificados e a favor do propietario das especies afectadas A xestión da biomasa será realizada pola persoa propietaria dos terreos edificados; a retirada de especies arbóreas será realizada polo propietario delas (art. 21)
Redes terciarias de faixas de xestión de biomasa (art. 21 bis)
Descrición Xestión de biomasa*
Zonas forestais declaradas de alto valor Faixa perimetral de 50 m, competencia da administración, entidades locais ou sociedades
Infraestructuras de uso público e áreas recreativas Totalidade da superficie e faixa perimetral de 50 m, competencia do titular
Vías e camiños forestais Faixa de 2 m, estrato arbustivo e subarbustivo; competencia do titular
Cortalumes, faixas auxiliares de pista, rozas, áreas cortalumes e outras infraestructuras de prevención e defensa contra incendios forestais Velo plan de prevención e defensa contra os incendios forestais do distrito, e o instrumento de ordenación ou xestión forestal
Novas edificacións en terreos forestais e zona de influencia forestal, sen continuidade coa trama urbana Faixa de 30 m dentro da propiedade construída, desde a edificación ou instalación; sen vexetación seca e masa arbórea rareada, sen especies da disposición adicional terceira. Faixa adicional de 20 m para medidas de xestión de biomasa
Amoreamento en cargadoiro da vexetación forestal residual, estelas e cortiza; en xullo, agosto e setembro Faixa perimetral sen vexetación de 10 m.
Disposición adicional terceira
Especie Nome común
Pinus pinaster Piñeiro galego, piñeiro do país
Pinus sylvestris Piñeiro silvestre
Pinus radiata Piñeiro de Monterrey
Pseudotsuga menziesii Piñeiro de Oregón, abeto de Douglas
Acacia dealbata Mimosa
Acacia melanoxylum Acacia negra
Eucalyptus spp. Eucalipto
Calluna vulgaris Queiroa, queiroga, uces
Chamaespartium tridentatum Carqueixa
Cytisus spp. Xestas
Erica spp. Brezo, uces, queirogas
Genista spp. Piorno
Pteridium aquilinum Fento
Rubus spp. Silva
Ulex europaeus Toxo
Sen embargo, ponderanse conservar árbores singulares ou ornamentais illadas; sempre que no supoñan perigo
* Xestión de biomasa en zonas obrigatorias
Orden do 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión de biomasa vexetal
Estrato Xestión de la biomasa
Arbóreo A composición será mixta ou de frondosas caducifolias, cun marco mínimo de 7 x 7 m
Poda ata un 35 % da altura da árbore. Para árbores superiores a 11,4 m, poda-los primeiros 4 m
Copas separadas 10 m das edificacións que no se proxectarán sobre os tellados
Arbustivo e herbáceo Carga total inferior a 2000 m3/ha
Evita-la continuidade horizontal con infraestructuras e vertical co estrato arbóreo
Altura máxima en función da cobertura do solo
Cobertura Altura máxima
inferior a 20 % 100 cm
entre 20 % y 50 % 40 cm
superior a 50 % 20 cm